¡Oferta!

Bico clara

12,95

Camiseta Bico
Cando unha palabra é bonita, é bonita…
Conseguiremos que a xente diga biquiño e non tanto ” besiño” ao imitarnos?

Un bico forte para tod@s

Descripción

Camiseta Bico clara
Cando unha palabra é bonita, é bonita…
Conseguiremos que a xente diga biquiño e non tanto “besiño” ao imitarnos?

Xunto con “apertas”, son palabras que mostran o seu significado na propia pronunciación. Ao dicir bico parece que os labios (o beizos) lancen ese bico cara á outra persoa. Son palabras redondas que, ademais de bonitas, xeran boas vibracións cando as ves escritas nalgún lugar.

Ademais, nestes tempos que corren, nunca está de máis levar unha camiseta na que se promovan estas mostras de afecto. O agarimo non pode facer mal a ninguén. Así vanse poder rebaixar tensións, e abrir mentalidades de moita xente que quedou freada en etapas pasadas, onde os bicos estaban mal vistos e tiñan que darse ás agachadas.

Iso si, non vaiades malgastar recursos tampouco. Non se trata de regalalos sen usar a cabeciña, pero si de defender a naturalidade destes actos, ao mesmo tempo que defendemos con orgullo a lingua que esconden os nosos beizos.

E para os que ademais de agarimosos sodes moi larpeiros, vos deixamos aquí un par de links de amigos que mesturan a palabra bico nos nomes dos seus negocios. Un restaurante galego na diáspora Bicos e os xeados máis bos e de moda do momento: Bico de xeado

Se tedes calquera dúbida sobre o produto, aquí estamos.

E se tedes dúbidas co galego, tamén podedes visitar a web da RAG.

Información adicional

Peso 0,250 kg
Dimensións 45 × 35 × 6 cm
Talles

Talle XXL, Talle S, Talle M, Talle L, Talle XL