¡Oferta!

Camiseta AMODIÑO vermella

17,95

Camiseta AMODIÑO (granate)
Por que é a nosa maneira de facer as cousas

 

Descripción

Camiseta AMODIÑO vermella
Por que é a nosa maneira de facer as cousas: camiseta amodiño vermella…

Nota: a cor da camiseta pode variar respecto ao da fotografía

Amodiño é forma agarimosa do adverbio “amodo“. É ese agarimo dun avó avisando á crianza: “Amodiño, vas caer”. Aínda que ás veces o “vas caer” era máis un feito acontecido que unha advertencia previa. Sexa como fóra, o avó avisaba de que facer as cousas de maneira atordada e con présas non podía traer nada bo.

E mira por onde, despois dun período no que se tendeu á sobre estimulación, esta tendencia está reculando e rescatándose antigos valores. Uns valores que estanse a presentar con adxectivos ou nomes máis modernizados… Termos como o secreto da felididad danesa, denominada ” hygge”, ou o mindfulness. Per que non son máis que a confirmación de que os nosos avós tiñan toda a razón…
Temos que vivir a vida dun xeito máis amodiño.

Isto non é doado. Non basta con levar unha camiseta Amodiño e seguir facendo vida normal. Tampouco se trata de pasar de todo e deixar de cumprir cos teus compromisos, pero se que hai que relativizar e priorizar. Darlle ás persoas e ás cousas o tempo que merecen.Ten que posuírche o espirito da vida amodiño, porque senón… vas caer!

Se tedes calquera dúbida sobre o produto, aquí estamos.

E se tedes dúbidas co galego, tamén podedes visitar a web da RAG.

Información adicional

Peso 0,250 kg
Dimensións 45 × 35 × 6 cm
Talles

Talle S, Talle M, Talle L, Talle XL