19,95€
Camiseta CHEGAR e ENCHER
Pois iso, ter unha sorte do…
Descripción
Camiseta CHEGAR e ENCHER
Pois iso, ter unha sorte do…
Imaxina que tes que ir ao centro de Vigo, Santiago de Compostela ou A Coruña co coche. Agora, xusto cando chegas, o coche que está aparcado diante do enderezo ao que vas, esta a saír… Eso é “Chegar e encher”. Tamén é unha expresión que din moitas nais os domingo, cando algúns dos fillos voltan a súa casa pra comer todos xuntos. Resulta que os descendentes teñen a manía de chegar cando toda tarefa está feita. A mesa posta que se din tamén… e claro, as nais soltan esta expresión, entre enfadadas pero contentas por telos en casa.
Sexa como sexa, es neste último exemplo onde atopamos un dos ámbitos por antonomasia da cultura galega, o do comer. Nesta expresión, a palabra chegar está claro que se refire á inmediatez. Pero no caso da palabra encher,no ámbito gastronómico, significa encher o bandullo. E na expresión utilízase como sinónimo de triunfar ou gañar.
É unha das tantas expresións fermosas que temos, e por iso aparece en moitios ránkings de palabras ou expresións galegas. Aquí deixámosvos un exemplo.
Se tedes calquera dúbida sobre o produto, aquí estamos.
E se tedes dúbidas co galego, tamén podedes visitar a web da RAG.
Información adicional
Peso | 0.250 kg |
---|---|
Dimensións | 45 × 35 × 6 cm |
Talles | Talle XXL, Talle S, Talle M, Talle L, Talle XL |