Camiseta infantil SON UN TOXIÑO

17,90

Camiseta SON UN TOXO
Normalmente a crianza non son tan toxos como os adultos, pero si que hai algún un pouco toxiño…

 

Limpiar

Descripción

Camiseta SON UN TOXIÑO
Normalmente a crianza non son tan toxos como os adultos, pero si que hai algún un pouco toxiño…

O toxo ou, como é coñocido científicamente, Ulex Europaeus,é unha planta que garda moita relación coa cultura galega. En si, trátase dun arbusto cunhas púas moi punzantes que ao florecer bota pétalos amarelos. Esténdese como unha capa verde e amarela moi vistosa en montes e ladeiras de todo o territorio galego.

Desta mestura de dureza e beleza sácanse os diferentes significados da expresión “ser un toxo”. Por unha banda punzante, de forma que se utiliza para definir o carácter de alguén seco ou arisco. Pero doutra banda, a beleza que se mostra coa flor, fai que a expresión se utilice tamén en ocasións para definir a seres queridos que teñen un xenio acentuado.

Desta maneira, é usual que pais ou avós utilicen a expresión: é un toxiño, refiriendose á crianza. Pequerrechxs que mostran o seu xenio cando teñen unha perrencha, e que é sinal do seu futuro carácter. E nese sentido, como é un sinónimo de ter carácter, e esta ligado á identidade galega, moitos adultos autoproclámanse toxos con moito orgullo. E por iso sacan peito co galego coa frase na camiseta Son un toxo. 

Se tedes calquera dúbida sobre o produto, aquí estamos.

E se tedes dúbidas co galego, tamén podedes visitar a web da RAG.

 

Información adicional

Peso 0.250 kg
Dimensións 45 × 35 × 6 cm
Tallas

Talla XS, Talla S, Talla M, Talla L

Tamén che recomendamos…