MORRIÑA camiseta
19,95€
Camiseta MORRIÑA (Básica)
Traducir traducímolo, pero ningunha tradución define plenamente este sentimento tan noso…
E por suposto, non é cansazo nin soño, iso é ” modorra” 🙂
Descripción
Camiseta MORRIÑA
Traducir traducímolo, pero ningunha tradución define plenamente este sentimento tan noso…
E por suposto, non é cansazo nin soño, iso é ” modorra” 🙂
A palabra morriña é unha das máis extendidas do noso vocabulario. Ata está aceptada xa pola “Real Academia de la lengua Española”. Pero aínda hai moita xente por alá adiante que confunde a morriña con outras cousas. Por exemplo cun estado no que a persoa ten soño ou está cansada. Iso é a modorra, pero nalgúns lugares da península, utilizan morriña nese sentido.
Tamén é verdade que nalgunhas zonas do noso territorio, en Viana do Bolo ou preto dalá, utilízase a palabra morriña para describir a choiva fina e persistente. O que moitos coñecemos tamén como “orballo“. Ademais, tamén nalgunhas zonas é, como recolle a Real Academia Galega, unha capa de sucidade que se forma sobre algo debido á falta de hixiene. Aquí podedes atopar máis acepcións.
Pero no caso que estamos a falar é o de sentimento que algúns din que só pódese entender cando deixas a nosa terra. E aínda máis, como din unha letra de Baiuca “ninguén sabe de morriña ata que escapa do mar…”. Recomendámosvos seguir a este artista.
Se tedes calquera dúbida sobre o produto, aquí estamos.
E se tedes dúbidas co galego, tamén podedes visitar a web da RAG.
Información adicional
Peso | 0,250 kg |
---|---|
Dimensións | 45 × 35 × 6 cm |
Talles | Talle XXL, Talle S, Talle M, Talle L, Talle XL |