¡Oferta!

LAMBÓN/A cunca

13,90 12,90

Para os máis larpeiros, lapóns e lambereteiros temos a nosa cunca de LAMBÓN / A. Para gozar dun bo chocolate con churros

Hai existencias

SKU: CUNCA002 Categorías: , Etiquetas: , , , , , , , , ,

Descripción

Cunca LAMBÓN / A
Para os máis larpeiros, lapóns e lambereteiros temos a nosa cunca de LAMBÓN / A. Para gozar dun bo chocolate con churros.

Xa tiñamos a cunca de Amodiño, para os momentos máis relaxantes do día. Pero faltábanos o recipiente para aqueles que relamben ata a última pinga do chocolate. Aqueles que lle botan a cada día un momento doce.

Na nosa terra, a palabra lambón, como veiamos máis arriba, ten un gran número de sinónimos. Pero aínda que poidan parecer moitos, aínda temos máis tipos de doces tradicionais cos que facerlles fronte. Filloas, canas (Doce de forma cilíndrica e alongada), rosca, bica, melindres, chulas, rosquilla, torta de Santiago e outras, croquiños, leite frito, orellas… Cada cal mellor, e cada cal coas suas variantes segundo o territorio ou a casa na que se fan.

Así que, un auténtico lambón, coa escusa de visitar preciosas paisaxes e visitar á familia, teno perfecto para gozar dunha infinidade de doces momentos. Iso si, non vos esquezades, como din aqueles, do de: sempre con moderación e mantendo un estilo de vida saudable!

 

Se tedes calquera dúbida sobre o produto, aquí estamos.

E se tedes dúbidas co galego, tamén podedes visitar a web da RAG.

Tamén che recomendamos…