Descripción
Felpudo galego “E TI, DE QUEN VÉS SENDO?”
Non hai mellor maneira de recibir á xente na túa casa que cunha boa pregunta: E ti, de quen vés sendo? Neste felpudo galego, englóbase toda a información necesaria para outorgar o privilexio máis importante… Deixar entrar a alguén no teu fogar.
É por iso que é a raíña das preguntas. Nela cabe toda a información que achega a procedencia do individuo e a súa liñaxe familiar. Cantas terras ten? A honestidade e valor da súa familia… e un longo etcétera de contido que, aínda que poida asemellar innecesario para unha primeira toma de contacto, é clave para o futuro dunha boa relación.
Así que non sexas parvo deixando entrar a calquera na túa casa. Aquí onde o ves, este simple felpudo conseguirá, por si só, que os malintencionados nin se atrevan a chamar ao timbre. E os que non teñan nada que esconder, saberán que neste fogar a verdade e a decencia van por diante! Un aforro de enerxía e de malos momentos incalculables.
Este produto ten as medidas de 70 centímetros de ancho por 40 centímetros de alto, e un grosor de 17 milímetros (70x40x1,7). Ten un peso aproximado de 1,6 Kilogramos.
Se tedes calquera dúbida sobre o produto, aquí estamos.
E se tedes dúbidas co galego, tamén podedes visitar a web da RAG.