Suadoiro MORRIÑA azul escuro

32,90

Suadoiro SON UN TOXO azul escuro
O primeiro é recoñecelo e avisar tamén nos días que vai frío, que o carácter aínda se acentúa máis

 

Limpiar

Descripción

Suadoiro MORRIÑA
Traducir traducímolo, pero ningunha tradución define con exactitude este sentimento…
E por suposto, non é cansazo nin soño, iso é “modorra” 🙂 

A palabra morriña é unha das máis extendidas do noso vocabulario. Ata está aceptada xa pola “Real Academia de la lengua Española”. Pero aínda hai moita xente por alá adiante que confunde a morriña con outras cousas. Por exemplo cun estado no que a persoa ten soño ou está cansada. Iso é a modorra, pero nalgúns lugares da península, utilizan morriña nese sentido.

Tamén é verdade que nalgunhas zonas do noso territorio, en Viana do Bolo ou preto dalá, utilízase a palabra morriña para describir a choiva fina e persistente. O que moitos coñecemos tamén como “orballo“. Ademais, tamén nalgunhas zonas é, como recolle a Real Academia Galega, unha capa de sucidade que se forma sobre algo debido á falta de hixiene. Aquí podedes atopar máis acepcións.

Pero no caso que estamos a falar é o de sentimento que algúns din que só pódese entender cando deixas a nosa terra. E aínda máis, como din unha letra de  Baiuca “ninguén sabe de morriña ata que escapa do mar…”. Recomendámosvos seguir a este artista. E cando esteades lonxe non esquezades o suadoiro morriña, polo frío!

Se tedes calquera dúbida sobre o produto, aquí estamos.

E se tedes dúbidas co galego, tamén podedes visitar a web da RAG.

Información adicional

Peso 0.250 kg
Dimensións 45 × 35 × 6 cm
Tallas

Talla XXL, Talla S, Talla M, Talla L, Talla XL