Suadoiro SON UN TOXO verde
34,95€
Suadoiro SON UN TOXO gris
O primeiro é recoñecelo e avisar tamén nos días que vai frío, que o carácter aínda se acentúa máis
Descripción
Suadoiro SON UN TOXO
O primeiro é recoñecelo e avisar tamén nos días que vai frío, que o carácter aínda se acentúa máis.
O toxo ou, como é coñocido científicamente, Ulex Europaeus,é unha planta que garda moita relación coa cultura galega. En si, trátase dun arbusto cunhas púas moi punzantes que ao florecer bota pétalos amarelos. Esténdese como unha capa verde e amarela moi vistosa en montes e ladeiras de todo o territorio galego.
Desta mestura de dureza e beleza sácanse os diferentes significados da expresión “ser un toxo”. Por unha banda punzante, de forma que se utiliza para definir o carácter de alguén seco ou arisco. Pero doutra banda, a beleza que se mostra coa flor, fai que a expresión se utilice tamén en ocasións para definir a seres queridos que teñen un xenio acentuado.
Desta maneira, é usual que pais ou avós utilicen a expresión: é un toxiño, refiriendose á crianza. Pequerrechxs que mostran o seu xenio cando teñen unha perrencha, e que é sinal do seu futuro carácter. E nese sentido, como é un sinónimo de ter carácter, e esta ligado á identidade galega, moitos adultos autoproclámanse toxos con moito orgullo. E por iso sacan peito co galego coa frase “Son un toxo”.
Se tedes calquera dúbida sobre o produto, aquí estamos.
E se tedes dúbidas co galego, tamén podedes visitar a web da RAG.
Información adicional
Peso | 0,250 kg |
---|---|
Dimensións | 45 × 35 × 6 cm |
Talles | Talle XXL, Talle S, Talle M, Talle L, Talle XL |