Termos e condicións

ENVÍOS

Prazos de envíos estimados:

  • España:de 3 a 5 días laborables.
  • Europa: de 5 a 10 días laborables.
  • Resto do mundo: depende de diversos factores, pero ao redor de 15 días laborables.

Advertencia para o envío no estranxeiro: Nos pedidos internacionais poden producirse impostos, taxas ou aranceis que non están incluídos no prezo total.

Lembra que os prazos de entrega en pedidos internacionais son estimados porque dependen da entrega en cada país.

 

DEVOLUCIÓNS

En AiFalaches preocúpanos a túa máxima satisfacción cos nosos produtos, pero se por calquera razón queres cambialo ponte en contacto connosco mediante o mail info@aifalaches.gal e tramitaremos a devolución, a condición de que esteas no prazo de 15 días posteriores á recepción do produto. Non se admitirá a devolución de pezas usadas e sen as súas embalaxes orixinais. Tras contactar connosco facilitarémosche os datos para realizar a devolución, pero debes ter en conta que estes portes corren ao teu cargo, e unha vez que o recibamos e comprobemos que está todo correcto ingresarémosche o importe do pedido da mesma forma na que foi realizado.

 

CAMBIOS

Se equivocaches a talla ou prefires outra peza, primeiro ponte en contacto connosco en info@aifalaches.gal e explicámosche como facelo. Ten en conta que non admitimos o cambio de pezas usadas ou que non teñan as súas embalaxes orixinais. As posibilidades de realizar os cambios dependerán da dispoñibilidade das pezas solicitadas. Ao enviarnos estas pezas, estes portes correrán ao teu cargo, e procederemos a efectuar o cambio unha vez que revisásemos que está todo correcto. Para iso non terás que realizar un novo pedido na web.